sábado, 13 de mayo de 2017

Collage

O collage é unha técnica pictórica que consiste en pegar sobre unha tea, papel ou outras superficies diferentes materiais como cartulina, tea, fotografías, etc.
Neste collage quixen plasmar un pingüín na neve. Para el utilicei varios materias: cartolina azul e branca para o fondo; algodón para as nubes; plástico para a superficie onde se pousa o pingüín; cartolina (naranxa, azul, branca e negra) para os ollos, pico e patas do animal; unha bolsa de lixo para a pel oscura; e papel hixiénico para a pel clara.


10 Tipos básicos de composición fotográfica.

Composición básica en fotografía.


1. Regra dos Terzos (ou sección aúrea).
   Debes situar os puntos de interese nos centros de atención, que son as interseccións das liñas dos terzos. Tamén os planos de horizonte deberían de coincidir coa posición aproximada dos terzos.

















2. Liñas guías.
   As liñas serán percorridas pola mirada, case sempre de fóra cara a dentro.






































3. Diagonais.
   As liñas oblicuas crean sensación de dinamismo e potencian o movemento.


























4. Enmarcado.
   Usa elementos da escena en primeiro plan para enmarcar ao motivo principal, ou marcos naturais como xanelas, arcos, portas...
















5. Figura - Fondo.
   Usa elementos como o contraste ou a cor para illar ao suxeito do fondo, iso potencia o motivo fotografado ao destacalo.














6. Enche o cadro.
   Achégate máis, que as figuras ocupen maior espazo no encadre. Coidado ao cortar unha figura.

















7. Centrar o ollo dominante.
   En suxeitos con ollos, sitúa o ollo dominante no centro da foto. O ollo dominante estará sempre enfocado. Desa forma e co suxeito mirando á cámara, drá a impresión de que che segue coa mirada.















8. Patrón, Ritmo, Repetición.
   Os patróns son agradables esteticamente. Especialmente importante é o contraste que se produce ao romper un patrón.



9. Simetría.
   A simetría trae o concepto de orde á foto e resulta agradable ao ollo.





































10. O número 3.
   As composicións con suxeitos impares son máis dinámicas.