As audiencias son o público que segue ou atende a un determinado canle de televisión, a unha emisora de radio ou a algún dos seus programas.
A investigación de audiencias estuda os medios de comunicación
masivos como instrumentos de transmisión publicitaria dos anunciantes. En principio, pode dicirse que a maior audiencia, maior éxito publicitario. A cantidade de audiencia que ofrecen é un elemento prioritario para establecer as tarifas publicitarias.
Algunhas fontes de datos sobre audiencia son:
Algunhas fontes de datos sobre audiencia son:
- AIMC (Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación, 1989): esta asociación encargase de elaborar o Estudio General de Medios, o cal investiga o consumo dos medios de comunicación en España.
- OJD (Oficina de Justificación de la Difusión, 1964): é unha empresa encargada do control da tirada e difusión de diarios e revistas impresos en España.
- GECA (Gabinete de Estudios de Comunicación Audiovisual, 1993):é unha empresa española de investigación audiovisual e, inicialmente, de desenvolvemento de formato.
- TNS Audiencia de Medios (Taylor Nelson Sofres Audiencia de Medios): encárgase de medir a audiencia de televisión e realizar seguimentos de programación e publicidade. Utiliza o sistema de audiometría mediante o uso de audímetro.
- O Audímetro: é un aparello electrónico que rexistra automaticamente a conduta televisiva dos distintos membros dun fogar. Este permite recoller as distintas operacións: cambio de canle e tempo de sintonización efectuadas no televisor. Ademais comunícase por liña telefónica cun computador que centraliza os datos recolleitos. En España 3.305 fogares teñen instalados os seus audímetros en cada un dos seus postos de televisión da casa, o que supón unha mostra total de 9.665 individuos.
- Temporada alta (entre novembro e febreiro): na que o consumo medio está sobre os 240 minutos por espectador.
- Temporada media (dende marxo e xunio e logo de setembro a outubro): na que o consumo medio está sobre os 200 minutos por espectador.
- Temporada baixa ( dende xulio a agosto): na que o o consumo medio está, aproximadamente, por debaixo dos 200 minutos por espectador.
Bandas horarias:
Algúns termos que se utilizan no estudo de audiencias e programación son:
- TARGET: é o grupo poboacional de interese á hora de comercializar os nosos produtos ou exhibir as nosas mensaxes publicitarias. É dicir, o perfil concreto de poboación que ve un programa atendendo a tres indicadores: idade, sexo e nivel socioeconómico.
- RATING: é a audiencia media dun programa ou franxa horaria.
- UNIVERSO: a poboación total dun país ou área xeografía a estudar.
- SHARE: pódese definir como a cota (cantidade fixa con que cada un debe contribuír a un gasto colectivo) de mercado que supón a audiencia real dunha canle ou programa respecto da audiencia real do conxunto das canles nun momento dado.
- REACH (Alcance): é a porcentaxe de individuos dun certo target que viron como mínimo un minuto do programa. Expresa o alcance máximo do programa.
- FRECUENCIA: está dividida en dúas partes -> frecuencia de exposición e frecuencia de captación, o mesmo reflíctenos o número de veces que cada individuo de dito target visualizou o spot (anuncio).ç
- GRPS: consiste na acumulación de puntos de rating por parte dunha marca durante o tempo de exposición (2, 3 semanas, un mes, etc.
No estudo da programación hay varias estratexias para ésta, é dicir, hai varios tipos de estratexias. Entre elas están estas:
Estratexia de localización (tendo en conta a ubicación dos programas na parrilla). Dentro desta estratexia tamén hai varios tipos:
Estratexia de localización (tendo en conta a ubicación dos programas na parrilla). Dentro desta estratexia tamén hai varios tipos:
- Stunting: consiste no movemento ou cambio de espazos frecuentemente para desestabilizar á competencia. En España tamén se coñece como contraprogramación.
- Bloking: búscase axuntar productos de características similares ou de idéntico target creando un fluxo de audiencia homoxéneo nun bloque compacto de programas (programación vertival).
- Lead-in ou Punta de Lanza: estratexia relacionada cos programas de acceso (os que preceden a outros importantes normalmente no acceso á noite). Este tipo de programa utilizase para conseguir maior número de espectadores para que se poidan unir ao programo ao que siguen.
- Hammock (hamaca): consiste en colocar un producto novo ou débil entre dous de probada eficacia. Se entre dous programas de gran audiencia se sitúa un con menos popularidade, pódese aproveitar o arrastre de detrás e diante de programas de éxito para gañar audiencia.
- Tent poling (tenda de campaña): é unha variación da anterior co orde invertido. Trátase de colocar unha serie de éxito entre outras dúas que non funcionan tan ben ou que son programas novos.
- Bridging (puenteo): trátase de comezar o programa antes que o do competidor, normalmente uns minutos. Comezando antes, os espectadores quédanse no programa e ségueno, así cando a competencia empeza os espectadores xa están captados.
- Stripping (tira diaria): consiste en programar cada día da semana á mesma hora un mesmo producto. Búscase a fidelización do público (programación horizontal).
- Checkerboarding: é similar ao stripping, só que o producto é diferente pero é do mesmo target.
- Acción de flanco: trátase de buscar a máxima debilidade da competencia para colocar un producto de solvencia. Adoita suceder cando un canle confía nun producto que non acaba sendo de interese para o público e ese fracaso é aproveitado pola competencia.
- Dúplex: é a emisión sucesiva de dous episodios, o cal se fai con moitas series de ficción española ou estranxeira.
- Programas de baixo coste: adoita producirse no verán xa que descende o número de espectadores. Consiste en programar rerums (segundos ou terceiros pases de series) ou formatos de baixo presuposto.
- Special: programa único, retransmisión dun elemento (frecuentemente de coste alto) que reforza a imaxe do canle e consegue máis audiencia da habitual. Cando se aplica a unha película de gran éxito denomínase blockbuster.
- Long form: os programas de larga duración abarcan a programación de tarde noite. Por exemplo: maratóns, películas de larga duración, miniseries...
- Clipping: busca a sinerxia entre bloque e bloque ou entre programa e programa. Consiste en cortar os títulos de crédito para gañar tempo e non aburrir aos espectadores.
- Plaza forte: aquel programa que acertou ao atopar éxito e asentouse de tal maneira que a competencia perde o tempo e atácaa frontalmente.
- Autarquía: consiste en contrapoñer aos programas modernos e de calidade a vellas películas populares.
- Loss leader: en este tipo de programas (informativos,etc) a audiencia non é o máis importante se non a validez do tema e o momento da emisión.
- Warehousing: é unha estratexia de compra consistente en facerse cos dereitos de emisión de programas.
- Crossover:fenómeno que se produce cando trasladamos personaxes que se fixeron populares nunha serie a outra que necesita certo reforzo.
- Spìnoff: cando un personaxe secundario dunha serie de ficción ten popularidade asígnaselle unha serie como protagonista.
- Golpe bajo: para combater un programa da competencia realízanse parodias do mesmo. O próposito é quitar eficacia ao programa pariodado pero ás veces conséguese o contrario.
- Cambio de canle: trátase de arrebatar a unha cadea os seus presentadores estrela para atraer á súa audiencia.
- Avanzar a pausa: o espectador cambiará de canle pero na outra cadea tamén atopará publicidade e volverá á que acabe antes (posto que máis ou menos os cortes duran igual), é dicir, volverá á que avanzou a pausa.
- Igualar a pausa:para ver publicidade nos outros canles, o espectador prefire o que xa estaba a ver. As cadeas non deixan que a competencia vexa os seus programas e así non se pode roubar audiencia.
- Non facer pausa ou retrasala: aproveitar o zapping dos outros canles e non facer corte ata ter á audiencia retida na nova cadea.