domingo, 18 de diciembre de 2016
STOP MOTION
O stop motion é unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas.
lunes, 5 de diciembre de 2016
"Paths of Hate"
Análise técnico:
A curtometraxe está composto por varios planos distintos:
- Planos xenerais: onde aparecen os dous avións voando.
- Planos panorámicos: onde o paisaxe é o máis relevante, por exemplo cando aparece o paisaxe e só se ve a estela que deixan os avións.
- Planos detalle: cando, por exemplo, se enfoca a foto da posible muller dun dos pilotos ou cando mostran o que queda no depósito.
- Premeiros planos: cando se centran só na cara dos protagonistas.
- Primeirísimos primeiros planos: cando mostran só unha parte do corpo dun dos protagonistas, como por exemplo os ollos, a boca, a man, etc.
A banda sonora compaxina perfectamente ca curtometraxe, posto que nos momentos de tensión ou de rabia a música intensificase e nos momentos de calma ou tranquilidade a música é relaxada.
Sumandolle a todo isto os efectos de sonido, como por exemplo a ruptura dos cristais, os gritos dos personaxes, o ruído dos avións, conseguen unha atmosfera envolvente que fai que te sintas partícipe da historia.
Análise simbólico:
A curtometraxe representa a deshumanización que sofren as persoas que participan nunha guerra, xa que contra o final do curto vese como os pilotos se converten nun tipo de ser maligno, que aínda así seguen loitando porque o seu único fin é a destrucción do inimigo.
Opinión persoal:
Na miña opinión, a curtometraxe de animación resulta moi entretida tanto polos sons como pola imaxe, xa que ambos fan que a queiras ver ata o final. Ademais, transmite de forma moi efectiva a mensaxe que pretende transmitir sobre a guerra, deixando ver ata onde pode chegar o ser humano só por vinganza, rabia, etc.
Enlace para ver o curtometraxe: https://www.youtube.com/watch?v=AjXr9Nj5ZbI
Suscribirse a:
Entradas (Atom)